QUEN SOMOS?

HerbonciñoAs notas do pemento é un festival de música que quere homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón, e faino no lugar que medrou por primeira vez, o Convento Franciscano. Está organizado en colaboración entre a asociación Sementar e a fundación Galicia Sustentable por medio da súa actividade ONde hai música. Conta tamén coa colaboración da cooperativa A Pementeira e da empresa de comunicación Xurimaru.

Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar. Os concertos están pensados coma encontros nos que os músicos dialoguen co público e este se poida dirixir a eles.

En resume, queremos que sexas partícipe desta nova experiencia e que vivas connosco esta apaixonante primeira edición d’As notas do pemento.

Comité organizador

Eliseu Mera, director artístico

Maite Mosquera, Sementar

Pilar García, Sementar

Roberto Freire, Sementar

Lucía Santiago, ONde hai música

Xaime Cortizo, ONde hai música

Carlos García Amigo, ONde hai música

Milagros Piñeiro, A Pementeira

Xurxo Salgado, Xurimaru

3 reflexións en “QUEN SOMOS?

  1. Das melhores iniciativas que tenho visto nos últimos tempos. Muitos parabéns!

  2. Suerte amigos que pena que me pille tan lejos.
    pacodevalladolid

  3. sempre sementando cousas tan fermosas !!!! moitos parabens e moitas veces que nos atopemos.
    Ah!!! e grazas tamén polo voso inmenso traballo e ánimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s

Seguir este blog

Recibe aviso de cada artigo novo no teu correo electrónico.