As Notas do Pemento

Festival de Música de Herbón

As notas do Pemento, I Festival de Música de Herbón

Deixar un comentario

Todos os venres do mes de xullo o convento de Herbón acollerá unha serie de concertos de música clásica. Ademais, haberá visita guiada a este edificio histórico e degustación de pementos con viño do país. O seu obxectivo: difundir o valor do pemento de Herbón e achegar a música clásica á xente. O primeiro concerto será este venres día 5 de xullo coa actuación de Ensemble Gioia.

Música clásica e pementos de Herbón. Esa é a oferta cultural do mes de xullo na parroquia de Herbón, en Padrón, grazas ao I Festival de Musica de Herbón ‘As notas do Pemento’. Unha cita que reunirá no fermoso convento de Herbón as mellores promesas da música clásica de Galicia nunha serie de cinco concertos que combinarán recitais líricos, cuartetos de vento, música barroca ou un dúo de piano e gaita.

O venres, día 5 de xullo, tivo lugar o primeiro concerto a cargo do grupo Ensemble Giogia con Belén Freire (frauta), Natalia Insua (clarinete), José Manuel Quintián (trompeta), Marta Freire (saxo alto), María Santos (saxo tenor) e Ana Moas (cello).

Convento Franciscano de Herbón | Foto: Sementar

Convento Franciscano de Herbón | Foto: Sementar

As notas do pemento‘ está organizado polas asociacións Sementar, ONde hai música e a Fundación Galicia Sustentable e conta coa colaboración da S.A.T. A Pementeira, da Asociación Galega de Amigos do Camiño (AGACS) e da Axencia de Comunicación Xurimaru. O seu obxectivo é resaltar as potencialidades do pemento de Herbón a través da música. E para iso, nada mellor que o lugar onde naceu e se mimou durante tantos anos; o convento franciscano de Herbón, fundado en 1396. A horta, o claustro e a fonte serán algúns dos escenarios que acollerán estes concertos, que terán lugar os venres de cada mes a partir das 20.30 horas máis o domingo 28 ás 12:00.

Precisamente, Eliseu Mera, o director do festival, destacou este feito durante a presentación do evento. “Queremos homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón e facelo no lugar no que medrou por primeira vez, o Convento Franciscano”, precisou Mera.

ENTRADAS

O prezo das entradas é o seguinte:

Un concerto: 3€

Abono para cinco concertos: 10€

Ademais de poder adquirilas no momento do concerto tamén se poden reservar a través do correo info@asnotasdopemento.com. Tamén existen diversos puntos de venda habilitados. Ademais se poderán adquirir no Hospital de Peregrinos Santo Antonio de Herbón desde as 16.00 horas ata as 20.00 horas. Ao remate de cada concerto ofrecerase unha degustación de balde de Pementos de Herbón e, antes, unha visita guiada polo Convento.

Queremos que sexas partícipe desta nova experiencia e que vivas connosco esta apaixonante primeira edición d’As notas do pemento
Conecta con ‘As notas do Pemento
Correo electrónico: info@asnotasdopemento.com
GruposCartel-01

Grupos convidados

Entre os músicos e grupos convidados están, además de Ensemble Giogia, Ensemble Rosa del ciel; con Esperanza Mara (soprano e cello barroco), Thiago Vaz (tenor) e Guilherme Barroso (laúde e guitarra barroca), que actuarán o venres 12 de xullo.

O 19 de xullo estará Herbens Consort con Indra Sesti (soprano), Eliseu Mera (barítono), Carlos García Amigo (viola da gamba) e Diego Rojo (arquilaúde).O venres, 26, terá lugar un Recital lírico a cargo de Sonia Bouzada (mezzosoprano), Enrique Martínez (tenor) e Elena Pérez (piano). O ciclo rematará o domingo, 28 de xullo, ás 13.00  horas co grupo Quodlibet con Felipe Rea (gaita) e Andrea García (piano).

Na filosofía do festival está, ademais, achegar a música clásica á xente. “Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar”, sinalou Eliseu Mera. Por iso, os concertos están pensados coma encontros nos que os músicos dialoguen co público.  Ademais, haberá unha exposición audiovisual e fotográfica do proxecto Onde hai Música e do proxecto Herbón.

Herbens Consort e pementeiras de Herbón | Foto: Xaime Cortizo

Herbens Consort e pementeiras de Herbón | Foto: Xaime Cortizo

Promoción do pemento

“Este festival contribuirá á difusión da produción de pemento de Herbón como base da nosa economía local, defendendo o traballo das nosas pementeiras. E, ademais de gozar da música, tamén se poderá coñecer a historia deste cultivo e a súa relación coa casa franciscana”, apuntou, tamén, durante a presentación do evento, Pilar García, coordinadora da asociación Sementar.

E é que ademais de música, o público que se acerque ata o convento poderá disfrutar dunha visita guiada por este edificio histórico que agarda, aínda, ser declarado Ben de Interese Cultural (BIC). As visitas darán comezo ás 20.00 horas. E serán os propios frades franciscanos os perfectos guías nesta aventura pola historia de Herbón. Iso será media hora antes dos concertos, porque ao remate dos mesmos, os organizadores ofrecerán unhas tapiñas de pementos.

Por iso, Pilar García insistiu en que este festival tamén ten a súa verquente económica; a de “introducir criterios de sustentabilidade na posta en valor dos recursos estratéxicos de Galicia”, neste caso o pemento, grazas a un arte como é a música.

Divulgar a música clásica

‘As notas do Pemento’ é froito da colaboración de varias asociacións e entre os seus obxectivos tamén está divulgar a música clásica. “Tratamos de achegar os múltiples mundos, historias e realidades que, nas máis das veces, quedan ocultas detrás do formalismo e rigor das institucións”, apuntou Lucía Santiago, coordinadora de Onde Hai Música.

“A música nos acompaña todos os días e, na Fundación Galicia Sustentable, cremos firmemente que se nos achegamos á música clásica dun xeito aperturista e divulgativo, todas e todos poderemos atopar múltiples e diversas emocións e sensacións, rompendo os prexuizos de que toda a música clásica é o mesmo”, engadiu.

E, con este espírito, creouse o logo do festival, o “Herbonciño”, un pemento de Herbón tocando unha mandolina, que simboliza a mestura entre o popular e o clásico.

Os interesados reservar as entradas para este festival único poden facelo a través do correo info@asnotasdopemento.com facilitando o seu nome e apelidos e un correo de contacto.  Tamén poden atopalas no Hospital de Peregruinos Santo Antonio de Herbón, das 16.00 ata as 22.00 horas. O prezo é de tres euros por concerto ou de dez se se compra un bono para todas as actuacións. No prezo vai xa incluída a visita guiada e a ración de pementos con viño que produce o propio convento.

PROGRAMACIÓN

Ensemble Gioia

Belén Freire (frauta), Natalia Insua (clarinete),

José Manuel Quintián (trompeta), Marta Freire (saxo alto),

María Santos (saxo tenor), Ana Moas (cello).

Venres, 5 de xullo ás 20:30.

Ensemble Rosa del ciel

Esperanza Mara (soprano e cello barroco)

Thiago Vaz (tenor)

Guilherme Barroso (laúde e guitarra barroca).

Venres, 12 de xullo ás 20:30.

Herbens Consort

Indra Sesti (soprano), Eliseu Mera (barítono),

Carlos García Amigo (viola da gamba), Diego Rojo (arquilaúde).

Venres, 19 de xullo as 20:30.

Recital lírico

Sonia Bouzada (mezzosoprano)

Enrique Martínez (tenor)

Elena Pérez (piano)

Venres, 26 de xullo ás 20:30

Quodlibet

Felipe Rea (gaita), Andrea García (piano).

Web – Facebook – Discografía

Domingo, 28 de xullo ás 13:0

Como chegar ao Convento de Herbón:

Cartel do Festival:

CartelDefinitivoconpementeiras-01

Fotografía e Cartel: Xaime Cortizo

5 Concertos+Visitas Guiadas do Convento+Degustación dos exquisitos pementos de Herbón, todo elo en diversos espazos singulares do Convento Franciscano de Herbón. Non o perdas😉 Merca xa o teu bono para todo o Festival ao módico prezo de 10€ nos puntos habilitados, no propio Convento os días de concerto ou reservándoo no correo info@asnotasdopemento.com. Entrada única para un día: 3€.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s