As Notas do Pemento

Festival de Música de Herbón

Ensemble Rosa del ciel

Deixar un comentario

ImaxeSegundo concerto d’As notas do pemento. Desta volta a cargo do Ensemble Rosa del ciel, grupo composto por Esperanza Mara, Guilherme Barroso e Thiago Vaz.
O Ensemble Rosa del ciel naceu da vontade latente de tres amigos, alumnos do curso de Música Antiga da Escola Superior de Música e das Artes do Espectáculo (ESMAE) na cidade do Porto en Portugal, en experimentar o cancioneiro europeo e as prácticas musicais dos séculos XVI e XVII. Formado por artistas multifacéticos ben na súa formación ou nas súas áreas de actuación, o grupo propón unha abordaxe plural dese repertorio, onde une música, poesía, teatro e danza. Con tres voces, laúde, guitarra barroca, e por veces tamén violoncello barroco e viola da gamba, contan a vida e o mundo dos nosos antepasados.
Interpretarán obras do Cancioneiro d’Elvas, Cancionero de Palacio, Juan del Encina, John Dowland, José Marín, Claudio Monteverdi, Francesco Cavalli e Girolamo Frescobaldi.
Podes seguilos a través da súa páxina do Facebook.
Ao igual ca no resto dos concertos, haberá unha visita guiada media hora antes, incluída na entrada, para quen o desexe, e unha degustación de Pementos de Herbón acompañados por auga, viño e sangría ao remate do concerto.

Lembramos, venres, 12 de xullo ás 20:30.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s