As Notas do Pemento

Festival de Música de Herbón

Quodlibet

Deixar un comentario

O concerto de clausura d’As notas do pemento corre a cargo de Quodlibet (Gaita + Piano), un dúo formado por Felipe Rea e Andrea García. Velaquí o vídeo de “AR2”, unha das pezas que van interpretar mañá domingo ás 13:00.
Quodlibet créase da intención de dignificar o papel da gaita galega para que sexa reconocida máis alá do mero animador de festas.
O dúo pontevedrés nace en 2011 coa intención de fusionar dous estilos completamente diferentes e ofreceren un espectáculo completamente innovador. Durante a súa curta traxectoria actuaron en diferentes escenarios da xeografía galega, entre os que cabe destacar a participación no festival de música celta de Ortigueira.
Recentemente gravaron e presentaron a súa primeira maqueta, con temas tanto tradicionais como de autor e en marzo de 2013 presentan o seu primeiro CD, “A Cor do Son”, con temas propios, en liñas xerais, e diversas colaboracións.
Podes atopar máis información na súa web: http://quodlibetpontevedra.es/

Ao igual ca no resto dos concertos, haberá unha visita guiada, incluída na entrada, para quen o desexe, e unha degustación de Pementos de Herbón acompañados por auga, viño e sangría ao remate do concerto.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s