As Notas do Pemento

Festival de Música de Herbón

Preparando a música e os pementos

Deixar un comentario

Tralo éxito da I edición das Notas do Pemento aquí estamos de volta ultimando todos os detalles para presentarvos moi pronto a programación de 2014.

De novo melodías e pementos para as tardes dos venres de xullo (4, 11, 18 e 25), un plan inmellorable para achegarse a Herbón, coñecer o convento franciscano onde se plantaron hai máis de 400 anos os primeiros pementos, gozar de boa música nun espazo privilexiado e degustar en boa compaña o produto estrela da nosa horta herbonesa (co risco engadido de atopar algún que pique, máis a iso xogamos!).

Rematando o mes de xuño os que somos de aquí levamos certa vantaxe e xa debutamos na mesa. Agora andamos a recoller partituras e pementos para vós.

Atrís dispostos! músicos ensaiando! mandís ao regazo! e en dúas semanas comeza a función!

Herbens Consort2

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s