Os músicos galegos Roberto Alonso (Vigo, 1983) e Samuel Diz (Tui, 1986) únense por vez primeira no Mosteiro de Herbón para compartir os seus traballos en torno as músicas de Johann S. Bach (1685-1750), Frederic Mompou (1897-1987) e o galego Fernando Buide (Santiago de Compostela, 1980), tres creadores nos que o silenzo forma parte.
Roberto Alonso e Samuel Diz coñécense a partir dos seus últimos traballos discográficos, Solo-Violín Contemporáneo e Guitarra clásica galega -publicados polo selo Ouvirmos-, onde ambos artistas manifestan o seu compromiso co repertorio orixinal para violín e guitarra asinado por compositores galegos como Jesús Bal y Gay, Octavio Vázquez, Eduardo Soutullo, ou o xa mencionado, Fernando Buide.
Roberto Alonso divide a sua carreira profesional entre a interpretación, a investigación e a docencia. Tras completar os estudos superiores e o doutoramento no Reino Unido traballan varios proxectos internacionais tanto Europa como en Oriente Medio e Centroamérica.
Na actualidade traballa nun novo proxecto discográfico que xira en torno a Partita nº 1para violín só de Johann S. Bach e que conta coa colaboración dun amplo e moi interesante elenco de novos compositores de Europa e America Latina.
Samuel Diz, graduado en guitarra clásica polo Conservatorio Superior de Música de Sevilla, ten perfeccionado o estudo do instrumento con grandes mestres internacionais, como Daekun Jang, Gaëlle Solal e Alen Garagic. Tras ter actuado no The Council on Latin American and Iberian Studies-CLAIS da prestixiosa Yale University (EE.UU.), ou no Harare International Festival of the Arts-HIFA (Zimbabwe).
No pasado mes de outubro realizou o seu debut como solista no emblemático Palau da Música Catalana, recibindo o Premio da Crítica pola súa actuación, destacando o seu “estudo e coherencia do programa, demostrando unha alta seguridade escénica e un son moi diáfano.