As Notas do Pemento

Festival de Música de Herbón

QUEN SOMOS?

HerbonciñoAs Notas do Pemento é un festival de música que quere homenaxear un produto tan sinalado da nosa terra como é o pemento de Herbón, e faino no lugar que medrou por primeira vez, o convento franciscano situado nesta parroquia do Concello de Padrón. Está organizado pola asociación Sementar, creada no outono de 2008 para  darlle vida ao convento de Herbón e aproveitar as súas posibilidades para desenvolver proxectos ambientais, sociais e culturais, relacionados principalmente coa agricultura e a gandería ecolóxicas, a recuperación do patrimonio e a difusión cultural.

Conta tamén, desde 2013, coa colaboración da sociedade agraria de transformación A Pementeira e da empresa de comunicación Xurimaru.

Mediante esta iniciativa pretendemos, por unha banda, levar a música a novos espazos e abrila a novos públicos e, pola outra, darlles aos novos músicos a posibilidade de ter un evento diferente no que actuar. Os concertos están pensados como encontros nos que os músicos poidan dialogar co público e este se poida dirixir a eles.

En resumo, queremos que sexas partícipe desta nova experiencia e que vivas connosco a que será a II edición d’As Notas do Pemento.

Comité organizador da edición 2014

  • Dirección artística: Roberto Freire
  • Produción: Maite Mosquera e Pilar García (asociación Sementar)
  • Comunicación: Xurxo Salgado (Xurimaru Servizos de Comunicación)
  • Fotografía e vídeo: Xaime Cortizo
  • Socios/as e amigos/as colaboradores/as de Sementar: Milagros Piñeiro Freire, Isabel Baliño Mosquera, Rosa Diéguez Rarís, Milagros González Refojo, Teresa Pérez Blanco, Puri Graña Eiras, Marcelino Romero Vidal, Xaime Ortega González, Iolanda Eiras Moreiras, Lucía Santiago, Pilar Montes, Jorge Soto Martínez, Nerea Dios Piñeiro, Isabel Rial… e a lista medrando!

3 thoughts on “QUEN SOMOS?

  1. Das melhores iniciativas que tenho visto nos últimos tempos. Muitos parabéns!

  2. Suerte amigos que pena que me pille tan lejos.
    pacodevalladolid

  3. sempre sementando cousas tan fermosas !!!! moitos parabens e moitas veces que nos atopemos.
    Ah!!! e grazas tamén polo voso inmenso traballo e ánimo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s